La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Mos

As familias de Mos disfrutarán en Amarante

A entrada para os menores de 4 anos é de balde; nenos/as de 5 a 11 anos e maiores de 65 anos pagarán 20 €, o prezo para o resto de poboación, de 12 e 65 anos é de 30 €.

Concello de Mos. / Concello de Mos

Concello de Mos.

Vigo

O concello de Mos pon en marcha un ano máis a tradicional “Excursión ao Parque Acuático Amarante” dirixida ás familias e poboación en xeral, tendo preferencia as empadroadas en Mos.

Os menores de idade deberán ir acompañados/as polos seus pais/nais/titores. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe ata o 29 de agosto por rigurosa orde de entrada. A listaxe de admitidos será publicado o 30 de agosto na páxina web do concello e na OMIX Unha vez admitidos o pago será efectuado os días 30 e 31 de agosto, no número de conta que figurará na lista de admitidos

A entrada para os menores de 4 anos é de balde; nenos/as de 5 a 11 anos e maiores de 65 anos pagarán 20 €, o prezo para o resto de poboación, de 12 e 65 anos é de 30 €.aDisporase de prazas ata ocupar un autobus compreto, e serán por rigorosa orde de entrada polo rexistro. De non cubrirse un mínimo de 45 prazas non se levará a cabo a actividade.

Esta viaxe non inclúe almorzo, pódese levar da casa ou adquirilo nos espazos dispoñibles no interior do parque acuático. Deberán ir provistos do DNI todos/as os/as participantes.

Dende a dirección do parque acuático avísase que non se pode acceder ó parque con bebidas en botes de vidro, coitelos e cubertos de metal, accesorios de praia (parasois, colchóns, balóns, cadeiras…). O parque conta con zoas de sombra e servizo de tumbonas e parasois por 2’90 €.

PROGRAMACIÓN:

09:30: Saída do Multiusos das Pozas de Petelos con dirección ao Parque Acuático de Amarante.

11:30: Chegada aproximada ó Parque Acuático.

19:00: Recollida do grupo para o regreso.

19:30: Viaxe de volta Amarante-Mos.

21:00: Chegada aproximada ao Concello.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00