Sociedad | Actualidad

Afectados polos parques eólicos en Mazaricos alertan de que supoñerá o fin de pequenas aldeas

Saen a información pública as liñas de evacuación para o parque eólico da Picota de Villar Mir Os afectados alertan de que supoñería o fin de varias aldeas

parque eólico / Wikipedia

parque eólico

Mazaricos

Veciños de Mazaricos advirten de que os parques eólicos da Picota e A Picota II, promovidos pola empresa Villar Mir Enerxía, poderían acabar con varias aldeas da zona ao impedir o desenvolvemento da súa actividade agraria e gandeira. Aseguran que a construción de eólicos que atravesen os seus prados e que disten só 500 metros das súas vivendas será o fin de pequenos núcleos de poboación. Ambos os proxectos, actualmente en tramitación, acaban de saír a información pública e afectan a Mazaricos e outros 4 concellos.

Nas aldeas pequenas a preocupación é total. Os seus habitantes móstranse incrédulos, non acaban de crerse que un parque eólico e unha subvestación eléctrica vaia a partir en dúas os seus terreos agrarios e de pasto para os seus animais, segundo comenta Matilde Pensado, a presidenta da Asociación de veciños de Quintáns -Mazaricos, un lugar onde residen pouco máis dunha ducia de familias.

O DOG publica o anuncio de tramitación de información pública para a construción e estudo de impacto ambiental do proxecto de liña de evacuación que afecta a Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela, cun orzamento de 9 millóns e un prazo de execución de 15 meses. O punto de conexión final coa rede de transporte localízase en Santiago, polo que tamén saíu a información pública este proxecto. Conta con 3 millóns de euros de investimento e seis meses de execución.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00