Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
A Guarda

O concello da Guarda inicia as obras de humanización da Rúa Manuel Rodríguez Sinde

O tempo de execución das obras estímase en 45 días cun orzamento de licitación de 159.490,50 €.

Vigo

O Concello da Guarda iniciou este xoves as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde dende o cruce coa rúa Calvario ata o cruce coa rúa San Bernardo con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Esta humanización ven a completar as realizadas na contorna dando a este tramo de rúa a tipoloxía do casco histórico: pavimentado en pedra con plataforma única. Eliminaranse os estacionamentos para gañar espazo para os peóns, haberá un carril de rodadura de tres metros e o resto do ancho da rúa, repartido a ambos lados, estará reservado para as persoas e debidamente protexido. Esta nova urbanización cumpre cos criterios de humanización da Deputación e converte esta rúa en accesible.

As obras contemplan a renovación dos servizos de abastacemento de auga e sumidoiro, con separación de augas pluviais e fecais, así como a preinstalación para telecomunicacións e novas acometidas para o alumeado público.

O tempo de execución das obras estímase en 45 días cun orzamento de licitación de 159.490,50 €.

O equipo de goberno continúa deste xeito coa mellora da mobilidade e accesibilidade das rúas e espazos públicos do municipio con humanizacións para o desfrute da cidadanía. O inicio inmediato destas obras no mes de xullo atende a criterios do uso desta rúa, posto que co arranque do curso lectivo a Rúa M.R. Sinde absorbe gran parte do tráfico dos pais e familiares dos alumnos do Colexio Solanas e da Gardería Municipal na Rúa Rosal, sendo esta a rúa de saída principal cara a estrada Porto Rico, polo que se pretende que as obras estean xa rematadas para a data do inicio das clases.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00