Sociedad | Actualidad

A plataforma de afectados polo macroparque eólico Alvite ultima as alegacións que presentará esta semana ao proxecto

Arco da vella critica que se habilitou o mes de agosto para o proceso de información pública

Parque eólico

Parque eólico

A Coruña

A plataforma de afectados polo macroparque eólico Alvite entre Santa Comba, Mazaricos e Negreira ultima as alegacións que presentará esta semana ao proxecto. Unha zona na que existen humidais de importante valor que se verán afectados por un impacto ambiental irreversible, segundo denuncian veciños e organizacións ecoloxistas. A Asociación #Arco# da vella apóiaos contra o que considera "un espolio enerxético que invade o noso territorio".

A plataforma de afectados oponse ao proxecto dos parques Maragouto e Banzas que abarcaría en total sete termos municipais: Santa Comba,Mazaricos, Brion, Lousame, Negreira, Outes e Rois.

Arco da vella critica que o anuncio de información pública deste macroparque fose publicado o 2 de agosto no DOG cun prazo de 30 días para alegar. A organización entende que dada a complexidade do expediente e as datas elixidas supón unha gran dificultade para alegar o proxecto.

A Vicepresidencia económica da Xunta sinala que o proceso ten uns prazos que non se poden demorar. En todo caso explica que o prazo é de 30 días hábiles co que non terminará ata mediados de setembro. Os ecoloxistas seguen criticando que agosto se habilite para realizar xestións tan importantes.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00