Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Miño está de festa

Animación, gastronomía e música serán o complemento en Tui do Descenso Popular no que participan máis de 500 persoas

Vigo

Tui vivirá este sábado a Festa do Miño na que se conxuga deporte, lecer, gastronomía, música e diversión. Preto de 557 persoas surcarán as augas do Miño en piragua participando na décimo primeira edición do Descenso Popular do Miño.

A saída, prevista ás 17:00 horas dende a ribeira de Caldelas, promete volver ser espectacular ante a elevada afluencia de participantes que coas súas embarcacións encherán o río de cor, ofrecendo unha imaxe única. O descenso ten carácter popular e non competitivo. Moitos dos participantes, coma ten acontecido en anteriores edicións, disfrázanse para a ocasión o elixen unha indumentaria chamativa.

Catro empresas, Verde Azul, Kaiak Ocio, Paralelo Zero, Tamuxe Kayak, e a propia organización, a cargo do Kayak Tudense, son as responsables de proporcionar as piraguas para o descenso. A inscrición está xa pechada e os participantes, á chegada a Caldelas, deberán comprobar o seu dorsal nas listaxes dispoñibles e recoller as pulseiras identificativas. Haberá transporte de mochilas e tamén servizo de autobús dende a antiga alfándega na Avenida de Portugal entre ás 11.30 h e ás 14.30 h.

Pero a festa comezará xa ao mediodía na ribeira de Caldelas coa Romaría Popular onde haberá distintos produtos gastronómicos. A partir das 20:00 h a Festa do Miño proseguirá na rúa Compostela coa Festa Gastronómica, da man de 12 asociacións tudenses, coa animación de rúa de Troula con “Funky Party” e o concerto da Banda Xangai.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir