Mos prepara aos colexios de Primaria para o novo curso cunha inversión de máis de 500.000 euros
Estas obras pretenden mellorar a eficiencia enerxética dos colexios, e outras melloras dirixidas a una mellor xestión polos colexios e comodidade do alumnado.


Vigo
O tenente Alcalde Camio Augusto, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, visitaron hoxe os Colexios de Educación Infantil e Primaria mosenses de Atín-Cela, Sanguiñeda e Petelos, nos que se iniciaron as obras adxudicadas de mellora por máis de 500.000 euros nos. Estas obras pretenden mellorar a eficiencia enerxética dos colexios, e outras melloras dirixidas a una mellor xestión polos colexios e comodidade do alumnado.
No caso do CEIP de Petelos a obra de optimización das instalacións consistirá na susbstitución de toda a carpintería de aluminio (portas e fiestras) do centro e a ampliació do porche de entrada na fachada principal, cun orzamento de 215349,73 euros (IVE incluído).
Por outra banda, no CEIP de Atín - Cela, acometerase a última fase da mellora integral do centro, co remate da renovación da carpintería de aluminio nas zonas que quedaban pendentes de substituír e substitución tamén dos falsos teitos e luminarias nos espazos nos que aínda non se fixera. Ademais procederase ao derrubamento do anexo-almacén do edificio e reparación de fachada, solicitado pola dirección e a ANPA do centro, á execución dunha rampa de acceso para solventar o acceso polo devandito antigo anexo; e demolición e desamiantado de cubrición do patio interior, cuberto con perfil gran onda de fibrocemento, para a posterior execución da nova cubrición do patio. Estas obras foron adxudicadas cun orzamento de 210.273,62 euros.
E, por último, no CEIP Mestre Valverde Maio, realizaránse tres obras que pretenden realizar cambios de materiáis por outras de maior eficiencia enerxética, tales como, execución de cambio de luminarias en falsos teitos, construcción dun almacén para material escolar, e cambio dos falsos teitos, cun orzamento de 92.351,6 €