Lidl duplica en tres anos o seu investimento en novas tendas en Galicia
Na súa aposta por seguir expandindo a súa rede de tendas na rexión, Lidl reforzou no período 2019

Na súa aposta por seguir expandindo a súa rede de tendas na rexión, Lidl reforzou no período 2019

Lugo
Dentro do seu compromiso coa comunidade, Lidl reforzou no período 2019 – 2021 o seu esforzo investidor, xa que só neste trienio destinou 54 millóns de euros á súa expansión na rexión, duplicando os 27,5M€ que destinou entre o 2016 e 2018. E, na súa aposta por seguir ampliando a súa rede de tendas en Galicia, só durante o seu exercicio fiscal de 2022 investirá uns 13,5M€ máis na apertura de novos puntos de venda e a modernización dalgún dos establecementos que xa ten en funcionamento no territorio.
Nos tres últimos anos a compañía impulsou de forma moi significativa a súa expansión en Galicia, abrindo novas tendas e modernizando outras xa existentes, co obxectivo de estar máis preto do consumidor galego e ofrecer un mellor servizo.
Os 54 millóns de euros investidos neste período destináronse a poñer en marcha seis novos establecementos e renovar de forma integral outros cinco. Os novos puntos de venda atópanse situados en Ourense (estrada N-120), A Coruña, e catro máis na provincia de Pontevedra: dous na cidade de Vigo e dous máis en Nigrán e A Estrada.
De cara ao seu actual exercicio fiscal, a compañía ten previsto investir uns 13,5 millóns de euros na apertura de dous novos establecementos na Grela, A Coruña e Cangas do Morrazo, cuxa entrada en funcionamento está prevista para a recta final deste ano 2022. Así mesmo, está a ultimar a renovación da súa tenda na Avenida de Vigo, que reabrirá nos vindeiros días.
O director rexional de Lidl para Galicia, Jaime Herrá, sinala que “máis aló de que estas aperturas avalan que o compromiso da marca con esta comunidade é máis forte que nunca”, hai outros aspectos que supoñen estas cifras e que “non son, en absoluto, menores”. Por unha banda, Herrá aludiu á consolidación do emprego xerado, tanto directo como indirecto e inducido; e, pola outra, á pegada no reforzo do sector primario galego, a cuxo mantemento Lidl contribúe cun volume de compras cada vez maior (só no últimos tres exercicios acadáronse os 800 millóns de euros).
Herrá recoñeceu que “malia o salto cualitativo e cuantitativo que indiscutiblemente demos nesta etapa na comunidade, non nos conformamos co que xa alcanzamos, senón que seguimos avanzando na procura de novos soares cos que continuar levando os nosos puntos de venda cada vez máis preto de máis fogares”.