Jorge Coira, Inma López Silva, Javier Peña ou Neves Rodríguez falan de cine e literatura no “Seguimos en obras”
Dende El Padrino ata Apocalipsis Now

Alfred Hitchcock en una fotografía de archivo. / Peter Dunne

Vigo
Como xa é habitual, os mércores do mes de xullo, dentro do Hoy por Hoy Vigo e Baixo Miño, o escritor e xornalista Diego Giráldez relaciona a literatura con outras disciplinas e linguaxes artísticas na sección “Seguimos en obras”. No último capítulo falou da relación que existe entre a literatura e o cine, como dúas expresións que levan décadas retroalimentándose.
Cantas veces escoitamos esa frase de “a película non está mal, pero gustoume máis a novela”? Como se relacionan os directores de cine cos novelistas? Existen ducias de películas baseadas en grandes historias literarias, porque o cine é un aliado perfecto para a literatura, en xeral, e, en concreto, tamén para os propios autores.
Para analizar a conexión entre as dúas linguaxes, Giráldez conta coa colaboración do director de cine Jorge Coira, as actrices Deborah Vukusic e Neves Rodríguez, e os escritores Javier Peña, Inma López Silva e Anna R. Figueiredo. Durante a sección reflexionan, por exemplo, sobre o xeito o cine inflúe nas seus libros, no caso dos escritores, e a literatura inflúe nos seus filmes ou interpretación. Ademais, nos descubren cales son as súas adaptacións cinematográficas preferidas.