Festas do Carme sen fogos artificiais
A Costa da Morte evitará esta práctica ante o risgo de lumes forestais

Foto de archivo de un incendio en Galicia / Brais Lorenzo

Achégase unha das fins de semana con maior número de festexos, as Festas do Carme encherán de música, procesións marítimas, devoción, verbenas e reunións familiares por toda a Costa da Morte, pero nesta ocasión terá que ser sen fogos artificiais nin bombas de palenque.
Debido á vaga de calor e ante o risco extremo de incendio queda prohibido, ata novo aviso, o lanzamento de bombas e fogos artificiais.
A Costa da Morte está rexistrando esta semana as temperaturas máis altas dende que hai rexistros. Na estación meteorolóxica de Rus en Carballo rexistrouse o mércores unha máxima de 39,7. Mentres que en Vimianzo ou Carnota bateron record coas mínimas máis altas dende que teñen operativas as estacións da Gándara e Lira con 28.8 e 29,6 respectivamente.
O risco de incendio é extremadamente alto e dende o distrito forestal de Vimianzo veñen de informar aos concellos da prohibición de utilizar pirotecnia mentres non mellore o tempo.