150 hectáreas queimadas nos incendios da comarca do Ribeiro

O presidente da Xunta de Galicia confirma que hai incidios de que poden ser provocados

O lume motivou o corte da N-120 o pasado martes / Concello Ribadavia

O lume motivou o corte da N-120 o pasado martes

Ribadavia

Non hai que lamentar vítimas persoais nin vivendas, pero os incendios continúan devastando o monte na provincia de Ourense. Segundo as últimas informacións oficiais, que fornece a Consellería de Medio Rural, un dos incendios rexistrados no concello de Melón, parroquia de Quins, está xa controlado. O resultado son 35 hectáreas afectadas.

Doutro lado, a Consellería confirmou que segue activo o outro incendio deste municipio, na mesma parroquia de Quins, que afecta a 50 hectáreas. O alcalde deste concello, Emilio Díaz, transmitía calma esta mañá e advertía que hai que tomar medidas para "frear esta lacra asquerosa”. Díaz considera necesario ter recursos para que "os concellos durante o inverno poidan ter limpeza nas distintas zonas e ter protección”.

Tamén na comarca do Ribeiro, permanece activo o lume de Ribadavia que afecta arredor de 65 hectáreas de superficie. Tres bombeiros tiveron que abandonar a zona por un golpe de calor. Precisamente a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez valorou as tarefas que están a realizar os equipos de extinción e os medios mobilizados.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00