Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
A Guarda

O Concello da Guarda aposta novamente pola cultura mariñeira apoiando a actividade “Navega pola costa da Guarda co Volanteiro Piueiro"

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro en 2019, esta embarcación de gran envergadura que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.

Vigo

Nos últimos anos a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación e ten participado na promoción da nosa cultura mariñeira, tamén fora do noso concello.

Destacou a presencia do volanteiro Piueiro no “Paisaia Istas Festibala” en maio deste ano. Tras días de navegación pola costa atlántica e cantábrica, o Pueiro e a súa tripulación participaron activamente neste festival de cultura mariñeira no País Vasco.

A Asociación Piueiro lanzou hai un días o VERÁN PIUEIRO onde veciños e interesados poderán visitar a exposición “A túa esencia. A Guarda un pobo mariñeiro” na rúa Concepción Arenal ou mesmo aprender a remar coas gameliñas e botes na praia do porto cada tarde (16:00 – 19:00h). Ademais para os meses de xullo e agosto vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

Estas saídas de navegación comezaron na fin de semana da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, patrocinadas pola Concellería de Turismo, e continuarán tamén no mes de agosto. O Concello da Guarda colaborará coa xestión das reservas e tamén patrocinará as saídas do mes de agosto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00