Un ciclista permanece na UCI tras sufrir un infarto na subida do Ézaro
Non participaba na proba oficial
Un ciclista, de 49 anos de idade e que non participaba na proba oficial, permanece na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) tras sufrir un infarto na subida ao miradoiro do Ézaro.
O home, que se dá a circunstancia de que é o irmán do presidente do Club ciclista de Cee, acudiu a ver a proba e fixo a última parte da subida, pero nun momento en que sentiu "canso", segundo explicou o seu irmán a Europa Press, baixouse da bici e seguiu a pé.
As testemuñas presenciais observaron como de súpeto esborrallouse e, para asistilo, acudiron os efectivos sanitarios e técnicos que estaban no propio punto, xa que precisamente na subida situábanse dúas ambulancias, unha delas co material e medios humanos necesarios para a reanimación.
Segundo explicou o irmán do home, tivérono que reanimar durante unha media hora. Aínda se descoñece o alcance das lesións, pero está estable con prognóstico grave ingresado na UCI do Chuac, segundo confirmaron fontes sanitarias.
O presidente do club ciclista contou que se dá a circunstancia que nese mesmo punto sufriu el un bajón de glicosa, motivo polo que se decidiu desde entón situar no punto unha ambulancia nas probas deportivas deste tipo.