La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Mos

Traslado de libros e material da Biblioteca á Axencia de Colocación para o inicio das obras

Os traballos comezarán antes do 27 deste mes e teñen un prazo de execución de 9 meses

a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a arquitecta, Fani Grandal, e a bibliotecaria mosense, Diana Lago, esta mañá na Biblioteca durante os labores de recollida e empaquetado de volumes para o seu traslado.

a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a arquitecta, Fani Grandal, e a bibliotecaria mosense, Diana Lago, esta mañá na Biblioteca durante os labores de recollida e empaquetado de volumes para o seu traslado.

Vigo

A semana pasada comezou o traslado da Biblioteca Municipal ao edificio da Axencia de Colocación, xa que as obras de mellora da Biblioteca, que pasará a chamarse María Magdalena tras a reforma, iniciaranse antes do día 27 deste mes.

O traslado de libros, material e mobiliario continuará durante toda esta semana, ao tempo que a Biblioteca permanecerá aberta ata o 15 de xullo, únicamente para servizos de préstamos e devolucións de exemplares e en horario de mañá: de 09.00 a 14.30 horas.

A Biblioteca e o cíber municipais permanecerán pechados a partir do 15 de xullo e ata o 1 de setembro, data na que se reabrirán de novo co mismo horario de sempre (ininterrumpido de 10.00 horas da mañá a 21.00 horas da tarde) pero na ubicación provisional da Axencia de Colocación, onde permanecerán ata que rematen as obras da Biblioteca, cun prazo de execución de 9 meses.

Os traballos empezarán antes do vindeiro 27 de xullo e prolongaranse, como se dixo, durante 9 meses. O Xulgado de Paz de Mos, sito no mesmo edificio da Biblioteca, tamén se trasladará próximamente a outra ubicación provisional.

Esta reforma integral conta cun orzamento que supera os 600.000 euros, dos cales 361.031,65 € apórtaos a Deputación de Pontevedra e 250.000 € a consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia.

361.031,65 € do orzamento total financiaranse subvencionados polo Reacpon da Deputación de Pontevedra, mentres que a Xunta aportara os máis de 120.000 euros de achega municipal para o Reapcon, e unha contía a maiores (130.000 euros) para ampliar o proxecto de mellora, incluíndo o acondicionamento dun novo espazo de biblioteca para uso exclusivo infantil, co fin de fomentar a lectura na primeira infancia. Espazo para contacontos, esparexemento, lecer e lectura. Un recuncho exclusivo evitando os ruídos nas outras zonas da biblioteca.

Para elo a Xunta asinou un convenio co Concello de Mos para adaptar á Biblioteca ás novas necesidades dos usuarios e reforzar e actualizar os servizos culturais de proximidade. A Xunta achegará 250.000 euros, para dotar o centro de recursos vinculados á innovación e dixitalización, así como para reforzar a sustentabilidade e uso de enerxías alternativas. Adaptar o espazo ás necesidades actuais da poboación, incluíndo un espazo infantil de lectura, unha sala de estudo, zonas de informática, etc... Con cargo a este convenio coa administración autonómica tamén se dotará de novo mobiliario, que incluirá cadeiras e mesas ergonómicas para as zonas de estudo, así como para a zona infantil adaptadas ás dimensións dos nenos. Ao mesmo tempo, mellorarase a iluminación individual das zonas de traballo, acondicionarase un espazo pechado de estudo, así como a zona infantil con chan téxtil e teito acústico. Ademais, incluirase un novo sistema audiovisual con proxector e pantalla para presentacións e exposicións.

Hoxe en día a biblioteca municipal de Mos é un referente para os habitantes tanto do Concello como dos concellos limítrofes ao dispor dunha base documental de máis de 22.100 exemplares. Ademais, neste edificio sitúase o único lugar con ordenadores de acceso gratuíto na zona, o que supón unha grande axuda para as persoas que non teñen dispoñibilidade de acceso á rede da internet nos seu fogares, tanto para adultos como para a mocidade que acode a realizar traballos escolares e tarefas de estudo.

Unha vez rematada a reforma integral da Biblioteca Municipal, pasará a ser bautizada co nome da Poeta María Magdalena, emblema das letras mosenses, falecida en agosto do ano pasado. ‘Biblioteca Municipal María Magdalena’, así se chamará o edificio sito na Porteliña, parroquia de Petelos, que alberga tamén o Xulgado de Paz de Mos, e que o Concello reformará mediante este proxecto de mellora integral. O proxecto da mellora da Biblioteca e Xulgado de Paz de Mos, é autoría da arquitecta local Estefanía Grandal e de Ludmila Castro, que acompaña á mosense neste proxecto. Grandal é unha arquitecta en pleno despunte profesional, por ter recibido dous premios autonómicos pola Escola Infantil a Galiña Azul da Veigadaña (premio COAG 2019 e Premio de Arquitectura de Galicia 2020) e por atoparse tamén inmersa noutro proxecto de reforma integral xusto ao carón do da Biblioteca: o da Escola Infantil da Porteliña.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00