Conta atrás para a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2022
A compañía Teatro do Vilar e o Premio Abrente conforman a PreMIT, que comeza o mércores

'Hamlet' de Chela de Ferrari / Teatro La Plaza

Ourense
O mércores 13 ás once da noite, no Auditorio Rubén García do Castelo, Teatro do Vilar inaugurará a antesala da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT). Un día despois, o xoves ás nove da noite, Ernesto Is (Premio Abrente 2022) presenta o libro Profetas e unha hora máis tarde será a resolución do décimo sétimo Premio Abrente.
O venres 15 ás 20.30 será a inauguración oficial da Mostra na Igrexia da Madalena co concerto de Sheila Patricia. A primeira cita co teatro nesta xornada será ás once da noite no Auditorio Rubén García do Castelo con Teatro La Plaza. Unha compañía de Perú dirixida por Chela de Ferrari que presenta unha versión de Hamlet na que “son ocho actores y actrices, todos son Hamlet, aunque en el proceso cada persona investigó sobre una figura”.
Nesta edición a novidade está no “primeiro encontro interxeracional das artes escénicas que vai reunir aos profesionais veteranos xunto cos novos”, segundo conta o director da Mostra Roberto Pascual. Hai sete localizacións dispoñibles ao aire libre con espectáculos moi diversos. Nesta edición, por exemplo, repetirá Marta Alonso Tejada cunha coprodución coa MIT, o sábado 16 ás 21.00, despois será a quenda da compañía catalá La Calórica co espectáculo Las Aves. O domingo La infamia achéganos á biografía dunha xornalista mexicana exiliada en España.
A segunda parte da MIT concentra espectáculos de teatro de obxectos, memoria e persoas maiores. Entre as pezas A lúa vai encuberta de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, que parte do texto de Manuel María. Tamén actuará en Ribadavia Nome Próprio coa peza Margem “o mellor espectáculo de Portugal de 2021”, tal e como confirmou Roberto Pascual.
O programa completo en: https://mitribadavia.gal/programa/