Os mellores viños:Torre de Olivar Expresión 2021, Eduardo Peña 2021, O Cotarelo 2020 y Libro 2020
A Coruña acolleu a XI Gala de Premios da D.O. Ribeiro
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/MHHZXHUYQRCFZGRVJBXC3KNSWQ.jpg?auth=c4b5554a40eeda018be166caba15ec7ee895ebee2a1c681a5082a6ffc8c385ab&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Gañadores da XI edición da Gala de Premios do Ribeiro / Cadena SER
![Gañadores da XI edición da Gala de Premios do Ribeiro](https://cadenaser.com/resizer/v2/MHHZXHUYQRCFZGRVJBXC3KNSWQ.jpg?auth=c4b5554a40eeda018be166caba15ec7ee895ebee2a1c681a5082a6ffc8c385ab)
Radio Ourense
A Coruña foi este año a cidade elixida polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para celebrar a súa tradicional Gala de Premios da D.O. Ribeiro, que onte xoves reuniu a máis de duascentas persoas no Centro Ágora, converténdose no punto de encontro de profesionais do sector e afeccionados, que puideron gozar dunha amena cerimonia conducida pola coñecida actriz Lucía Veiga, e amenizada pola música da artista Yoli Sáa, e a que non quixeron faltar representantes das principais institucións públicas que mostraron deste xeito o seu apoio ao sector.
A gala, na que se recoñeceu a labor de difusión do viño realizada por empresas e persoas, é o acto central dunha semana de actividades coas que a D.O. Ribeiro achegou os seus viños ao público dunha cidade á que lle unen vínculos históricos, tal e como lembrou na súa intervención o presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares, que aproveitou para falar da importancia da entidade que representa e que "xunto á Ruta do Viño, se erixe no gran xestor do tecido socioeconómico dunha Enocomarca histórica".
Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, Persoeiro de Honra, a quen o presidente da D.O. deu as grazas "polo labor que está a facer polo meu país, pola miña lingua e pola miña identidade. Como vostede, eu estou orgulloso de levantarme cada mañá moito máis galego".
A investigadora Emilia Losada, Ribeiro en Nós, por "sentar as bases do futuro da viticultura en Galicia"; o viticultor José Estévez, Vida entre Vides, que "representa o que quere o Ribeiro, a continuidade entre xeracións e a transcendencia tanto no tempo como no espazo"; a revista Hum!, que dirixe Sandra Faginas, "un suplemento que leva dez anos sendo un dos espellos da explosión enogastronómica de Galicia", e que recibiu o Premio Mellor Tarefa de Comunicación, e Pilar Cavero, Muller e Viño, polo seu "percorrido como catador e divulgadora comprometida con este sector".
O presidente da D.O. tamén felicitou ós establecementos premiados nesta edición, A Mundiña, Tapas Areal e Saborido, esperando que " a vosa aposta polo Ribeiro sexa o espello onde se miren os demais".
Un dos momentos máis emocionantes da gala foi a entrega dos premios ós mellores viños elixidos na cata oficial, e que neste ano resultaron ser Torre de Oliveira Expresión 2021, de Pazo do Mar, en Branco Adegas; Eduardo Peña 2021, de Eduardo Rodríguez e Luz Cánovas, en Branco Colleiteiros; O Cotarelo 2020, de Benigno Ríos Mosquera, en Tinto Adegas, e Libro 2020, de Antonio Cajide Gulín, en Tinto Colleiteiros.
A gala contou coa presenza de numerosas autoridades, entre elas os conselleiros Diego Calvo, vicepresidente da Xunta de Galicia, e Medio Rural, José González; a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; o tenente de alcaldesa dá Coruña, Juan Ignacio Borrego; ademais dos delegados territoriais dá Coruña e Ourense, e varios alcaldes da comarca do Ribeiro, entre outras.