La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Nigrán

O alcalde de Nigrán recibe á activista salvadoreña Laura Herrera

A activista acudíu ao IES Val Miñor para ofrecer unha charla ao alumnado e asinou no Libro de Honra do Concello de Nigrán

Vigo

A activista salvadoreña Laura Herrera, responsable do Programa Feminismo e Xustiza Ambiental da Colectiva Feminista para o Desenvolvemento Local, pechou hoxe en Nigrán a xira galega para denunciar as consecuencias que ten para un país como El Salvador a mala xestión dos recursos naturais e para explicar en que consiste o movemento salvadoreño para a xestión popular da auga e as súas sinerxias a nivel municipal e social. Anteriormente estivo en Tomiño, Burela, Cariño, Pontedeume e Cabanas.

Na súa estancia de hoxe en Nigrán, a activista asinou o Libro de Honra do Concello e defendeu ante o alumnado do IES Val Miñor e do propio alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González, o dereito humano á auga, por riba dos intereses empresariais, e falou sobre o traballo que se realizan nas comunidades rurais de El Salvador. "Aquí abrís el grifo y sale agua, pero debéis ser conscientes de que eso no es así en muchos países y de que algún día, gestionando mal este recurso, os podréis ver en la misma situación", explicou Herrera, quen subliña que en xeral son os homes os que deciden a súa distribución mentres que son as mulleres as que traballan para facelo efectivo, por iso loita no seu país por cambiar este modelo patriarcal. "É unha honra recibir a Laura Herrera e unha sorte que o alumnado do IES Val Miñor poida coñecer esta problemática de primeira man", subliñou González.

Igualmente, abordou os resultados da 'Escuela de lideresas por la defensa ambiental' que a Colectiva Feminista desenvolveu ao longo do último ano no Departamento de Cuscatlán, co acompañamento da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e co financiamento do Fondo Galego de Cooperación. E contextualizando a situación medioambiental que están a vivir moitos dos países latinoamericanos e como as nosas pautas de consumo xeran impactos negativos en países como El Salvador. Herrera explica os mecanismos de participación cidadá que promoveu a Colectiva Feminista para visibilizar esta situación, como a Consulta Popular polo Dereito Humano á Auga, que pretende regular as actividades que afectan a xestión integral da auga, garantindo a súa sustentabilidade e que a poboación sexa prioridade na súa distribución. O obxectivo é a sensibilización sobre como está a afectar a mala xestión dos recursos naturais a poboacións empobrecidas como as comunidades de El Salvador, pero tamén abordar as loitas que se están xerando para poder contribuír á protección do medio ambiente e o desenvolvementos destas comunidades desde unha perspectiva colectiva e feminista.

En El Salvador, as problemáticas ambientais afectan especialmente as e os habitantes das comunidades pobres e rurais e, aínda que existen mecanismos para denunciar, estes non son o suficientemente coñecidos para facelo sen medo ou para impulsar accións de contraloría social e cidadá. Por outra banda, o desinterese e a falta de educación ambiental da poboación xeran un certo acomodo das institucións e das diferentes estruturas comunitarias para a defensa, promoción, protección e restauración dos Dereitos e da Xustiza Ambiental.

Tanto Agareso como o Fondo Galego de Cooperación buscan, con estas actividades, dar a coñecer os resultados do proxecto, vincular as loitas de Sur coas que se están a dar en Galicia, e sensibilizar tanto aos concellos, como aos medios de comunicación e os movementos sociais da necesitade de xerar sinerxias para que estas loitas poidan ter impacto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00