Gente

Premio a Tatán por unha vida rodeado de títeres

A MIT de Ribadavia presenta esta mañá o seu programa

Tatán / red

Tatán

Radio Ribeiro

As 11 e media presentarase na Praza Buxán desta localidade a programación completa desta edición do festival. Contará coa presenza de autoridades e representantes das coproducións da MIT 2022.

A MIT de Ribadavia concederá o Premio de Honra 2022 a Eduardo Rodríguez Cunha, “Tatán”. Será nun acto o día da inauguración da 38ª MIT, o 15 de xullo.

A Redondela natal de Tatán conmemorou este 2022 os 40 anos de Tanxarina Títeres e dende Ribadavia quérense sumar á familia dos monicreques e do teatro de obxectos de Galicia para celebrar tamén o Premio de Honra da MIT 2022 a quen foi fundador dunha das compañías de referencia dos títeres de Galicia. Xunto con Kukas, Cachirulo ou Viravolta, Tanxarina construíu a partir dos anos 80 unha gran tradición e público afeccionado á arte dos obxectos animados, tanto a través de creacións propias, na organización de festivais coma na divulgación dun oficio entre o artesanal e o experimental.

Tatán é máis ca ese prestixioso titiriteiro que acabou en Barcelona no taller do mestre Harry Tozer por circunstancias do destino e por inquedanza artística e formativa.

Ábrese o telón.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00