Cristina Pato: “Os muros nas cidades pequenas son máis visibles, pero hai esperanza”
Percorremos o Casco Vello a través do libro “No día do seu enterro”
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Comerciantes do Casco Vello de Ourense "El barrio era bueno, pero se mató"
Ourense
Érguense as cidades. Caen os relatos. Camiñas polas páxinas do libro e pensas. Soñas. Imaxinas. Que ficou de nós naquel lugar? Que lembranza agarda o tempo cando dobremos aquela esquina e coñezamos unha historia que nunca se contara?
Como cada quince días, na sección de literatura de La Ventana, facemos unha reportaxe vencellada a un libro. Neste caso a “No día do seu enterro” de Cristina Pato. As protagonistas do noso percorrido sonoro son a alma comerciante dunha rúa, a do Vilar, referente no comercio ourensán. Rosa Mari Pérez, Chicha Borrajo, Camila de Prado e Manoli Tesouro. Neste relato a pregunta é a de sempre. Que pasou co barrio?
As mulleres son tamén claves no libro de Pato. Nunha cidade na que “fagas o que fagas, nunca poderás saír do círculo en que naciches", tal e como di no libro Marica.
“No día do seu enterro”. Unha novela de silencios, de sombras, de irmandade, de emigrantes que volven para seguir, e de mulleres que non deixan de crer no presente e tamén no futuro. Nesta edición de La Ventana revisitamos o libro coa súa autora, Cristina Pato, e coa axuda do noso colaborador, o xornalista Sergio Pascual.