Quentando para o San Xoán
O concello de Ribadavia organiza diferentes actividades

Hoguera de San Xóan

Radio Ribeiro
O mércores, día 22, a partires das 7 e media da tarde pequenos e maiores poderán aprender moito sobre as herbas de San Xoán, cun percorrido no que se aprendá a identificalas e prepararse para a noite máis curta do ano.
O día propio, o xoves 23, de cara a noite, a cita será as 10 e media da noite, coa volta das visitas teatralizadas ao Castelo de Ribadavia, da man de Platea Lua. A entrada é de balde ata completar aforo, para información e reserva de prazas o numero de teléfono é o 617 55 79 61.
Haberá teatralización nocturna de San Xoan e queimada na Praza Maior e exposición de herbas medicinais e tamén rosquillas e melindres para os asistentes.
Ademáis, este ano recuperase a cacharela, agora permitida co cambio do protocolo anti-covid.