Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Concilia no verán en Ribadavia

O programa Avia Verán vai destinado á nenos e nenas de 3 a 14 anos

Cartel de Avia verán / red

Cartel de Avia verán

Radio Ribeiro

O Concello de Ribadavia porá en marcha no verán durante os meses de xullo e agosto o programa de conciliación, educativo e lúdico “Avia Verán”. O obxectivo é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante o verán cando o curso escolar remata.

O programa pretende axudar que os pais e nais poidan conciliar a súa vida laboral coincidindo co final das aulas, ao mesmo tempo que se programan actividades lúdicas e educativas para os nenos e nenas.

O Prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro día 21 de xuño. O programa Avia Verán vai destinado á nenos e nenas de 3 a 14 anos. As prazas iniciais son 75 para o mes de xullo e de 55 para o mes de agosto.

O horario será de luns a venres en horario de mañá. Este ano mantense o horario de 9 horas a 14 horas, que fora ampliado o ano pasado, e así mesmo mantéñense os mesmos prezos públicos.

As solicitudes presentaranse coma sempre no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

Máis información aquí: http://ribadavia.gal/o-concello-de-ribadavia-organiza.../

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir