Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Deputación de Lugo fará xirar unha mostra que amosa a capacidade laboral das persoas con discapacidade

A exposición está conformada por 24 imaxes do fotógrafo coruñés Diego Silva

Presetación Cegasal

Presetación Cegasal

Lugo

A Deputación de Lugo fará xirar por diversos concellos da provincia unha mostra que amosa a capacidade laboral das persoas con discapacidade. A exposición está conformada por 24 imaxes do fotógrafo coruñés Diego Silva que percorerán os municipios de Monforte, Sarria, Viveiro, Foz, Vilalba e Lugo durante os meses de xuño e setembro.

Coincidindo coa última parada desta mostra, que terá lugar no Pazo de San Marcos, haberá, tamén, unha xornada de formación sobre os Centros Especiais de Emprego que será aberta á cidadanía.

Os protagonistas destas imaxes pertencen a Cegasal, a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, unha organización que traballa co obxectivo de fomentar o emprego de calidade para as persoas con discapacidade e risco de exclusión social.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, na presentación desta iniciativa itinerante subliñou a intención da institución de "por en valor o traballo que desenvolven as persoas con discapacidade nas empresas. Cremos que un aspecto moi importante para lograr unha inclusión plena das persoas con discapacidade é lograr a súa inserción laboral en igualdade de condicións. Por iso, esta exposición fomenta a sensibilización e a concienciación sobre esta realidade”.

Neste encontro cos medios de comunicación tamén estivo presente o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, quen agradeceu á Deputación a sensibilidade e colaboración á hora de impulsar e albergar esta exposición, e detallou os problemas aos que se enfrontan as persoas con capacidades diferentes á hora de atopar o seu primeiro emprego. “É un orgullo unha satisfacción a relación que temos coa Deputación de Lugo, porque non é o normal. É moi difícil que as administracións locais e provinciais nos poñan todas as facilidades e este Goberno provincial entendeuno perfectamente”.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir