O Concello de Lugo investirá máis de 1 millón de euros no arranxo e urbanización do novo auditorio da cidade
O proxecto mellorará as instalacións do edificio xa existente e fará un redeseño "profundo e complexo" da súa urbanización exterior

Lara Méndez, acompañada pola Concelleira de Gobernanza Paula Alvarellos e polo arquitecto Marcos Failde / Lucía Campos González

Lugo
Nos próximos 9 meses realizaranse varias obras de mantemento e mellora das instalacións do novo auditorio de Lugo, situado na Avenida de Magoi. A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, sinalou que o investimento para o acondicionamento do edificio ascenderá a máis de 1 millón de euros.
As obras pretenden “unha debida urbanización con todas as garantías de seguridade para o público”, tal e como sinala Méndez.
O edificio foi entregado ao Concello en xuño de 2020 por parte da Xunta de Galicia, e tras dúas revisións despois dese acto de recepción, atopáronse máis de 200 deficiencias que foron reportadas “sen éxito” á Xunta en dous informes diferentes por parte dos técnicos municipais.
Méndez sinala que estes danos foron causados "pola falta de mantemento desde a súa finalización" no ano 2016, destacando que neses catro anos non se realizaron ningún tipo de comprobacións técnicas e que "se deixou pasar o período de garantía" da primeira construción.
O obxectivo primordial destas reformas é "poñer o auditorio ao servizo da cidadanía nunhas condicións óptimas de seguridade", xa que se detectaron fallos nas instalacións e tamén humidades provocadas polas filtracións das cubertas planas do edificio.
Según sinala a alcaldesa de Lugo as reformas están efocadas principalmente en dous eidos: "por unha banda falamos de actuacións encamiñadas a reparar os numerosos danos que presenta o edificio, pero tamén os problemas estruturais e deficiencias construtivas".
O proxecto tamén está enfocado á mellora da urbanización do edificio. Isto lograrase modificando a zona de entrada ao mesmo para reconducila e facela máis funcional, e por outra banda, mediante a remodelación dunha das prazas para convertila nunha zona de concertos e festivais ao aire libre.
Para a explicación deste proxecto a alcadesa estaba acompañada pola Concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, e tamén polo equipo de arquitectos de Moma Taller De Arquitectura, quenes elaboraron o proxecto básico de execución.
Lucía Campos
Radio Lugo