Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Real Academia Galega edita unha guía para o plurilingüismo inclusivo dende o galego

A publicación será presentada o luns 6 de xuño na Casa do Milladoiro ás 20 horas nun acto no que intervirán Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo, Blas García Piñeiro, Valentín García e Escarlata Pampín

Guía

Guía

Vigo

A Real Academia Galega presentará o luns 6 de xuño Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames na Casa da Cultura do Milladoiro (20:00 horas). A guía responde á demanda de formación do profesorado sobre o tema que aborda, ofrece aclaracións conceptuais e propón estratexias de cara á planificación nos centros educativos.

A publicación, elaborada dende o Seminario de Sociolingüística da RAG coa colaboración de Bieito Silva e María López Sández, dálle continuidade á liña de traballo da Real Academia Galega e do Concello de Ames que deu lugar ao mapa sociolingüístico escolar do municipio e sae do prelo co apoio económico do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

Na presentación intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o coordinador do Seminario de Sociolingüística da RAG, Henrique Monteagudo; o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir