Sociedad | Actualidad

Ingresa en prisión o presunto agresor da muller de Carballo

Prestou declaración esta mañán nos xulgados da vila

GRAF3823. CARBALLO (A CORUÑA), 01/06/2022.- El hombre detenido por una brutal paliza a su pareja en el concello coruñés de Carballo, con la que tiene dos hijos menores de edad y que se encuentra ingresada grave, es conducido este miércoles en un vehículo de la Guardia Civil al interior de los juzgados de la localidad coruñesa para su pase a disposición judicial. EFE/Cabalar / Cabalar (EFE)

GRAF3823. CARBALLO (A CORUÑA), 01/06/2022.- El hombre detenido por una brutal paliza a su pareja en el concello coruñés de Carballo, con la que tiene dos hijos menores de edad y que se encuentra ingresada grave, es conducido este miércoles en un vehículo de la Guardia Civil al interior de los juzgados de la localidad coruñesa para su pase a disposición judicial. EFE/Cabalar

A Coruña

.Esta mañán compareceu en sede xudicial o carballés detido o luns pola agresión á súa dona na vivienda familiar en Sísamo. A xuiza decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza para J.A.C.S, parella da vítima. O detido chegou ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo ao redor das dez da mañán. Alí estivo nos calabozos ata cerca das once, cando compareceu ante a titular do xulgado, inda que se acolleu en todo momento ao seu dereito a non declarar. Tras ser informado de que se lle acusa dun delicto de homicidio en grado de tentativa a xuiza dictou o seu ingreso na prisión de Teixeiro.

J.A.C.S. compareceu esposado e tapado por unha carapucha e apenas permaneceu media hora ante a xuiza. Ademais da prisión preventiva, a titular do xulgado privou ao agresor da patria potestade sobre os dous fillos da parella, co que a custodia dos menores queda en exclusiva a cargo da nai. A proxenitora, A.F.G, continúa ingresada na UCI do CHUAC, onde evoluciona favorablemente dentro da gravidade. A importancia das feridas, entre elas unha fractura de cráneo, fixo temer o peor desenlace aos sanitarios que prestaron a primeira asistencia á vítima.

Os feitos tiveron o luns no lugar de Sísamo. Segundo testemuños presenciais, o agresor tería mallado na vítima ás portas da vivienda cando esta xa estaba no chan. Ante a reacción dos veciños, o agresor douse á fuga. Segundo as primeiras investigacións tería fuxido á Coruña, onde foi convencido por unha irmá para que se entregase ás forzas de seguridade. A mediodía, e tras un operativo de busca intenso, dirixiuse ao control da Comandancia da Garda Civil de Lonzas onde foi detido.

Más información

Centos de persoas concentráronse na Prazo do Concello en repulsa á violencia machista

Centos de persoas concentráronse este martes na Praza do Concello de Carballo para mostrar a súa solidariedade coa muller de 43 anos agredida supostamente polo seu marido no que se identificou como un novo caso de violencia de machista.

Un lazo de cor morada estendida no centro da praza por un grupo de mulleres, foi o punto ao redor do cal se situaron os centos de asistentes que baixo a choiva acudiron a esta convocatoria.

Ademais, os membros da corporación municipal han portado unha pancarta morada na que se podía ler 'Carballo, contra as violencias machistas' e varias concelleiras leron unha declaración institucional "en nome de todos os veciños" e como "símbolo de compromiso do pobo de Carballo contra as violencias machistas".

Na declaración, tamén condenaron esta "brutal agresión" e calquera acto de violencia machista que "mata e agride" e que "mata as mulleres polo simple feito de selo".

Tras a lectura, as persoas asistentes á concentración iniciaron un longo aplauso "para facerlle chegar a fortaleza que necesita e a unidade do pobo de Carballo", ao que continuou un silencio de varios minutos no que moitos dos asistentes non puideron evitar emocionarse, entre eles numerosos nenos que acudiron este martes a esta praza da capital da comarca de Bergantiños.

Un silencio que foi roto polas palabras dunha das concelleiras que lera a declaración institucional: "Esperamos a súa pronta recuperación e que caia todo o peso da lei sobre o agresor".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00