Aberta a convocatoria de subvencións para asociaciónsque busque cofinanciar proxectos considerados de interese para a promoción económica
O importe máximo de subvención por entidade sen ánimo de lucro non poderá exceder da cantidade de 3.000,00 euros

El BCE ha subido los tipos de interés un 0,25%, hasta el 1,25%(Getty Images)

Lugo
Xa está aberto o prazo para que as asociacións lucenses sen ánimo de lucro soliciten as subvencións ofertadas para cofinanciar proxectos, considerados de interese para a promoción económica do municipio.
O goberno local destinará un total de 40.000 euros para as asociacións e entidades sen animo de lucro, que tendo a súa sede e domicilio social en Lugo, teñan recoñecidos nos seus fins estatutarios a realización de actividades de fomento da promoción económica, a través de proxectos que pretenden a mellora económica do municipio de Lugo.
“As bases, xa publicadas en www.concellodelugo.gal, teñen por obxecto a concesión de subvencións, por parte do Concello de Lugo, a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para cofinanciar parcialmente proxectos e/ou actividades, desenvolvidas durante o exercicio económico 2022, consideradas de interese para a promoción económica do municipio, no eido do fomento e da dinamización da actividade económica, empresarial, comercial, do emprego e da hostalería no municipio de Lugo.” destacou a rexedora de Lugo, Lara Méndez.
A xuda poderá chega a cubrir un un máximo do 90% do custo total da acción para a que se solicita a subvención, segundo o orzamento presentado. O importe máximo de subvención, por asociación ou entidade sen ánimo de lucro, non poderá exceder da cantidade de 3.000,00 euros.
Concedida a subvención, as entidades beneficiarias deberán presentar a través dos medios electrónicos a documentación acreditativa da realización da actividade. A data límite para xustificar a totalidade da subvención concedida será a do 30 de novembro de 2022.
As solicitudes, que deberán dirixirse ao Servizo de Desenvolvemento Local, presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Lugo accesible a través do enlace https://www.lugo.gal, utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede, ou polo Sistema de intercambio rexistral dispoñible a través do enlace https://rec.redsara.es/registro/, indicando no campo “Solicita” o texto “Axudas Entidades do territorio. Servizo de Desenvolvemento local” e xuntando o modelo normalizado sinalado no parágrafo anterior
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo