A área sanitaria de Vigo garante a asistencia sanitaria á pobación de O Rosal
A emerxencia atendida o pasado sábado estivo, según O Sergas, perfectamente coordinada, mobilizándose os recursos axeitados, grazas aos que resolveuse o problema da paciente segundo os protocolos establecidos para a súa patoloxía
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/B45KY732NRBYXE7KKUDDXFXGJQ.jpg?auth=b1f86d75f78a826c8e77ac54678c78c80059cdcc8627617feaac9104efc2dfc3&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Traslado de un paciente en camilla por carretera durante 200 metros por falta de ambulancias en una localidad de Pontevedra. / Europa Press
![Traslado de un paciente en camilla por carretera durante 200 metros por falta de ambulancias en una localidad de Pontevedra.](https://cadenaser.com/resizer/v2/B45KY732NRBYXE7KKUDDXFXGJQ.jpg?auth=b1f86d75f78a826c8e77ac54678c78c80059cdcc8627617feaac9104efc2dfc3)
Vigo
A Área Sanitaria de Vigo garante a cobertura sanitaria da poboación de O Rosal e quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e veciñas dese Concello.
No momento actual, o centro de saúde de O Rosal está atendido por 2 facultativos . Ademais, sempre que hai dispoñibilidade de médico substituto, o Sergas prioriza ese centro, dando cobertura ás ausencias dos facultativos titulares.
Dada a falta de dispoñibilidade de médicos nas listas de contratación, o Sergas, ao igual que o resto de comunidades autónomas, ten moitas dificultades para substituír aos facultativos. Por eso, desde a administración sanitaria estase traballando na busca de fórmulas que permitan dispoñer de máis médicos en atención primaria. Unha desas medidas é a creación unha nova categoría profesional, a de Facultativo Especialista de Atención Primaria, co obxecto de facer máis atractivas determinadas prazas de difícil cobertura.
Precisamente estos días, a Dirección da Área de Vigo está ofrecendo, aos novos médicos que acaban de finalizar a súa especialidade, dúas prazas desa nova categoría no centro de saúde de O Rosal.
Traslado en helicóptero
En relación coa urxencia atendida o pasado sábado dia 21, hai que dicir o seguinte. A Central de Coordinación do 061 recibiu unha chamada procedente do centro de saúde do Rosal, solicitando o traslado dunha paciente con patoloxía cardíaca ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Trala valoración do servizo, o médico coordinador especialista en urxencias e emerxencias do 061 mobilizou ao helicóptero medicalizado para o traslado da paciente, por tratarse do recurso sanitario máis axeitado.
A concorrencia de varias emerxencias que requiriron os servizos das ambulancias ao mesmo tempo -algo moi infrecuente-, motivou que a paciente tivese que ser traslada ata o helicóptero en padiola, uns 200 metros.
Finalmente, a evacuación realizouse con todas as garantías e cumprindo os protocolos establecidos para o tratamento da patoloxía da paciente.
Recursos á atención urxente
Actualmente,a cobertura sanitaria da atención á urxencia e á emerxencia extrahospitalaria en O Rosal atópase garantida cos seguintes recursos: as ambulancias asistenciais de SVB (soporte vital básico) con base nos concello da Guarda e Tomiño; as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado (SVA) medicalizadas con base nos concello de Mos e Vigo; e a ambulancia asistencial de SVA de enfermería con base en Vigo. Ademais dos helicópteros medicalizados con base en Santiago e Ourense.
En conclusión, é inadmisible que se cuestione o funcionamento dun modelo de atención á Urxencia e emerxencia en Galicia que é un referente internacional, e cumpre cos máximos criterios de calidade e seguridade, tal e como recoñecen as diferentes organizacións sanitarias.
Resulta sorprendente que, tras o despregue dun operativo perfectamente coordinado, no que mobilizouse o recurso máis axeitado para evacuar coa maior celeridade á paciente e que, de feito, resolveulle o seu episodio de saúde, o problema sexa o traslado en padiola de 200 metros. Decisión que supuxo unha diminución no tempo ata o tratamento definitivo da paciente, repercutindo favorablemente no prognóstico da súa enfermidade.
Desde o Sergas se lamenta que determinadas formacións utilicen de xeito demagóxico e oportunista a saúde dos seus conveciños, e rexeita estas denuncias públicas, que só responden a determinados intereses ideolóxicos e partidistas para xerar alarma e inquietude entre a poboación.
Por último, a Área sanitaria de Vigo quere agradecer o labor dos equipos de atención primaria e urxencias extrahospitalarias e felicitarlles polo gran traballo realizado .