Xeal pon en marcha o proxecto "Anida"
Acollerá a 15 refuxiados ucraínos durante seis meses


A Coruña
Cee vai ser o fogar de 15 refuxiados da Ucraína grazas á iniciativa de XEAL denominada “Proxecto Anida”. A empresa quixo poner da súa parte para colaborar na onda de solidariedade co pobo ucraíno e dende mañán vai acoller a 15 mulleres e nenos procedentes de territorios baixo combate. XEAL ofreceralles vivienda e a manutención para os próximos seis meses. A intención é involucrarse na busca dunha integración total na vila, facilitando tamén a asistencia a cursos de español ou na posible entrada no mercado laboral.
O punto de partida do proxecto tivo lugar hai varias semanas coa adecuación das vivendas onde van residir os refuxiados. XEAL é a propietaria dun edificio a carón da factoría de Cee ao que non se estaba a dar ningún uso. Logo dun proceso de adecuación dos pisos, nos últimos días viviuse unha actividade frenética amoblando e dotando aos fogares dos materiais necesarios para que os seus inquilinos poidan gozar dos servizos básicos. O edificio ten unha capacidade ainda maior pero a intención de XEAL é atender nas mellores condicións ás persoas que cheguen á vila da Xunqueira. Ademáis diversas entidades participan no proxecto: dende os servizos sociais de Cee e Dumbría ou Cruz Vermella ata centros educativos que xa mostraron a súa intención de acoller aos cativos que recalen en Cee ou de facer cursos de idiomas para os adultos.