A Costa da Morte mantén as súas bandeiras azuis
Os areais da bisbarra manteñen a boa saúde

(Bandera Azul)

A Costa da Morte
Hoxe déronse a coñecer as praias que durante o verán van lucir as bandeiras azuis, un distintivo que pretende acreditar a calidade dos areais e a presenza dos servizos básicos nos mesmos. A Costa da Morte vai conservar os dez emblemas que xa ondearon o pasado verán.
Os concellos más destacados, con tres bandeiras, son os de Carballo (Pedra do Sal, Razo e Saíñas) e Ponteceso (A Ermida, Balarés e o Osmo). O resto de areais son os de Caión (A Laracha), Arou (Camariñas), a Praia de Laxe, e a do Ëzaro (Dumbría). Ademáis, tres lugares son destacados como “centros azuis”: Museo dos Muíños en Golmar, o Museo de Man en Camelle e o Centro de Visitantes do Faro Vilán, ambos no concello de Camariñas.