Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O alcalde destaca o comportamento "admirable" do público no desfile de Rondallas

Rondallas / Concello de O Porriño

Rondallas

Vigo

O alcalde Alejandro Lorenzo valorou "o comportamento admirable" do público que presenciou o desfile conxunto de rondallas de Mos e O Porriño celebrado onte domingo. O rexedor municipal fixo hoxe unha valoración do acto que foi “un sopro de aire fresco que todos necesitabamos e nada mellor que as rondallas que son un selo de identidade e un dos nosos baluartes culturais”. O alcalde afirmou que a cidadanía do Porriño demostrou que somos un pobo moi animado, que nos gusta compartir e gozar dos nosos costumes e facémolo de forma responsable, conscientes da situación que estamos atravesando”, engadiu.

Alejandro Lorenzo expresou o seu agradecemento “a todos aqueles que fixeron posible a celebración do evento coas máximas garantías de seguridade”. Eloxiou de "magnífico o traballo da Policía Local e Protección Civil; e das rondallas que se organizaron en tempo marca" e cualificou de "admirable comportamento o de todos os que acudiron para velo nas rúas".

GRAN IMPACTO

O desfile conxunto rondallas de Mos e O Porriño respondeu á expectación suscitada xa que acreditan, sobre todo, os datos de audiencia nas redes sociais.

Aínda que a presenza de espectadores foi numerosa, as cifras de audiencia a través das redes sociais do Concello xa superan hoxe as 10.000 visualizacións. Miles de persoas seguiron o mesmo domingo, a emisión en streaming que se realizou e que se emitiu a través das canles de Facebook e YouTube do Concello.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir