Martín Gómez Carreño deslumbra e vence no OPEN Internacional de Mondariz
Un centenar de xadrecistas procedentes de varias comunidades españolas e Portugal, participaron neste OPEN

Martín Gómez Carreño, deslumbra e vence no OPEN Internacional de Mondariz / Club XadrezOurense

Ourense
O xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense, Martín Gómez Carreño, conquistou unha soberbia victoria ao lograr 8,5 puntos sobre as 9 partidas en disputa, superando na clasificación final a importantes xadrecistas galegos como Pampillón ou Bastos, e a fortes xogadores procedentes de Cataluña ou Portugal como Adria Martorell ou o Mestre FIDE luso Fernando Ribeiro.
Tamén cabe destacar a actuación da vixente subcampiona Galega Individual sub 16, Laura Gómez, que rematou con 5 puntos e que conseguiu unha subida de elo de 20 puntos.