Actualidad

Medran as cifras de contaxios ás portas do Nadal

A bisbarra non é allea á alza en todo o país

A maior parte dos municipios experimentan unha suba cando están a punto de comenzar as festas de Nadal / Radio Nordés

A maior parte dos municipios experimentan unha suba cando están a punto de comenzar as festas de Nadal

O SERGAS vén de comunicar aos concellos á actualización semanal dos datos de contaxios por coronavirus e, como era de esperar, a maior parte dos municipios experimentan unha suba cando están a punto de comenzar as festas de Nadal.

O maior incremento experiméntase en Vimianzo, onde os casos activos pasaron de 14 a 42 nos últimos sete días. En Carballo a tendencia tamén é á alza, situándose en 151, 26 máis respecto a semana pasada. A suba tamén é importante en Camariñas onde con 25 novos casos sitúanse en 28. Coristanco e Fisterra suman 15 positivos, situándose en 38 e 22 respectivamente

Caso aparte é o de Zas, onde a suba contense cun incremento de 5 positivos, inda que manteñen unha alta incidencia con 32 casos activos. En A Laracha, un dos concellos máis poboados, nos últimos días detectáronse 12 positivos que deixan o rexistro total en 52. Cee engade 6 e acada os 30.

Ademáis Ponteceso suma 5 casos activos e totaliza 7, Laxe pasa de 3 a 6, Muxía ten 14 (dous máis en sete días), mentres que Dumbría e Carnota mantéñense con 3 e 1 respectivamente.

Os únicos concellos onde descenden os casos activos son Malpica (que pasa de 22 a 17), Cabana (baixa de 16 a 11) e Corcubión (de 5 a 4).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00