Carreira nocturna de O Porriño

Carrera nocturna O Porriño / Concello de O Porriño

Vigo
O triatleta Gustavo Rodríguez será o padriño da presentación oficial da Carreira Nocturna de Reis que organiza a Concellería de Deportes do Porriño. A carreira, que este ano substitúe á San Silvestre, celebrarase o 8 de xaneiro, nun percorrido urbano de 3 quilómetros.
A presentación do evento terá lugar mañá martes ás 11.00 horas no Polideportivo Municipal. Xunto a Gustavo Rodríguez intervirá o concelleiro de Deportes, David Alonso, quen comentará os detalles da organización e como vai a inscrición, que permanece aberta ata o 3 de xaneiro.