Política | Actualidad
Mos

Nidia Arévalo finaliza o 2021 felicitando aos matrimonios que cumpriron 50 anos de casados

Nidia Arévalo cos matrimonios que cumpriron 50 anos de casados / Concello de Mos

Nidia Arévalo cos matrimonios que cumpriron 50 anos de casados

Vigo

O pasado 29 de agosto, en circunstancias normais, teríase celebrado a “31 Festa dos maiores do Concello de Mos” que este ano novamente non se poido celebrar presencialmente en Costoias-Tameiga por mor da COVID-19.

“A situación derivada da crise sanitaria da COVID-19 impedíunolo, pero somos optimistas e esperamos poder retomar de seguro tan fermosa celebración o ano que vén” Sen embargo, non quixemos perder o bo costume de felicitar e facer protagonistas ás parellas mosenses que levan compartido toda unha vida xuntos e que son exemplo de amor, comprensión, superación e fortaleza nos lazos familiares, comenta a rexedora local

Por iso, a Alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, na compaña do Concelleiro/a de cada parroquia, visitou nos seus fogares a cada un dos 32 matrimonios mosenses homenaxeados este ano, felicitándoos persoalmente e facéndolles entrega do detalle institucional co que tradicionalmente se lles agasalla.

Estas visitas en todo momento se realizaron con moito Sentidiño, mantendo sempre as medidas sanitarias de prevención.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00