Ocio | Ocio y cultura
O RIBEIRO

Ribadavia presenta un amplo Programa de Nadal

A principal novidade é a instalación dun Carrusel

Presentación da campaña de Nadal do Concello de Ribadavia / Concello de Ribadavia

Ourense

Un amplo programa de actividades pensadas para os nenos e nenas de Ribadavia, que son os que máis ilusión teñen nestas festas. Pensando neles, o nadal deste ano terá tamén como principal novidade a instalación dun carrusel. estará aberto durante todo o nadal para todos os nenos e nenas,  será gratuíto e estará ubicado no casco histórico de Ribadavia, xa está a funcionar.

Ademais, a decoración de rúas e de monumentos así como a ambientación de luces en todo o municipio comeza xa coincidindo con esta primeira ponte de decembro.

O acendido das luces tivo lugar o luns. Ademais chegará RibaNadal 2021 os días: 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e 2, 3, e 4 de xaneiro polas tardes, de 16.30 a 19.30, o 18 decembro terá lugar o concerto da Coral do Club Artístico, na Igrexa de San Xoán. Doutro lado,  haberá Mercado de Nadal organizado xunto cos Establecementos Asociados do Ribeiro. Coincidindo con este mercado, o Concello comeza o período de descontos no comercio local co seu BONO COMERCIO, polo cal descontase 10 euros por cada compra de 30 euros que fagan os veciños de Ribadavia no comercio local.

Doutra banda, haberá o 22 decembro: O mago Noel as 8 da tarde no Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura, o 23 decembro: cinema para toda a familia, as 8 da tarde tamén, no Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura, o  24 de decembro: o Apalpador e Papá Noel visitarán Ribadavia a partir das 5 da tarde, o 26 de decembro: Espectáculo infantil. O legado de Tibu, as 6 da tarde no pavillón de deportes O Consello, o 28 de decembro, as 8 da tarde  Concerto "Soul & Roll". Praza Maior, o 29 de decembro: cinema para toda a familia, as 8, no Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura, o 30 de decembro: Historias do Apalpador as 8 no Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura. O 2 de xaneiro: Teatro do vilar representará a obra "Policía" as 7 tamén nese espazo e o 3 de xaneiro: O Mago Lolo actuará as 8.

Para rematar, o 4 de xaneiro: animación de rúa a partir das 8 y e 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00