Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

En ejecución o proyecto da rede de saneamento en Arrotea-Pontellas

Os traballos comezaron o pasado día 15 de novembro e teñen un prazo de execución de 3 meses

Obras de saneamiento / Concello de O Porriño

Obras de saneamiento

Vigo

A Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira informa do “bo ritmo de execución” das obras de proxecto de saneamento e pavimentación en Arrotea, na parroquia de Pontellas.

Os traballos comezaron o pasado día 15 de novembro e teñen un prazo de execución de 3 meses. Dispoñen dun orzamento de 115.000 euros, financiado con cargo ao Plan Concellos 2021, da Deputación de Pontevedra.

As obras consisten na conexión dun colector principal de 450 metros de lonxitude e dous ramais, un de 120 metros e outro de 64 metros. Así mesmo está prevista a substitución e pavimentación da vía principal e dos ramais.

“Ademais aproveitamos para prolongar a canalización da traída de auga potable de Lameira cara a Arrotea e para a renovación das tubaxes”, segundo informou o concelleiro Pedro Pereira.

O responsable de Infraestruturas explicou que o propósito final deste proxecto é “completar as conexións destes lugares coas redes de saneamento e abastecemento de Porriño, a fin de conseguir un todo harmónico e interconectado”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir