Blanco: "En Trevinca a contaminación lumínica é case nula"
O director do Centro Astronómico de Trevinca, ´Óscar Blanco, destaca o valor do espazo recén inaugurado
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/UWHC33A2XRJS3AZVPRNZIEFNXE.jpg?auth=3804e148bd7b21f17b0a449116f0aed7b3d3a60f7e88592130e18bbabddf036f&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Óscar Blanco, director do Centro Astronómico, amosa as instalacións a Feijóo / Xunta de Galicia
![Óscar Blanco, director do Centro Astronómico, amosa as instalacións a Feijóo](https://cadenaser.com/resizer/v2/UWHC33A2XRJS3AZVPRNZIEFNXE.jpg?auth=3804e148bd7b21f17b0a449116f0aed7b3d3a60f7e88592130e18bbabddf036f)
Ourense
Un dos lugares onde mellor se ven as estrelas, está na provincia de Ourense. “Na montaña máis alta de Galicia, Pena Trevinca, a contaminación lumínica é case nula. Algo cada vez máis difícil de atopar” segundo informa Óscar Blanco, o Director do Centro Astronómico de Trevinca
Por este motivo A Veiga ten certificado Strarlight dende o ano 2015 e, por iso, recibe multitude de visitas dende Valdeorras e doutros puntos de Galicia, principalmente das cidades. Porén tamén veñen visitantes dende El Bierzo e de Zamora, visitantes que chegan, sobre todo, en xullo e agosto. Non obstante, alén do frío, o inverno ten as súas vantaxes. Nestas datas abondan os ceos limpos, segundo explica Blanco.
Óscar Blanco procura ceos oscuros dende fai vinte anos, o que o levou a colaborar co Concello da Veiga realizando distintas actividades a través das que se foi forxando a idea de crear o Centro Astronómico de Trevinca.
Precisamente o Director do Centro Astronómico de Trevinca, amosaba esta fin de semana as súas instalacións, ubicadas no lugar de Valdín. Un Centro que, agardan, supón un atractivo máis xunto coa paisaxe e as rutas de montaña e, ademais, un punto de investigación en colaboración con outros observatorios do mundo.