Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Descontento nos hostaleiros de Cee pola non actuación do Combo Dominicano

Hosteleiros e alcaldesa falan da festa de Cee (24/11/2021)

Hosteleiros e alcaldesa falan da festa de Cee (24/11/2021)

00:00:0014:17
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Todo comezou coa primeira reunión, o 8 de novembro no concello de Cee, entre hosteleiros, empresa organizadora, e goberno municipal. Alí, as dúas primeiras partes presentaron a idea de celebrar en Cee unha verbena nocturna o venres 3 de decembro para axudar á economía local e reactivar un ocio xuvenil que se estaba a perder na vila da Xunqueira.

Ao día seguinte, e tras consultalo cos técnicos, a alcaldesa aprobou dita celebración sempre e cando se cumplisen todos os requisitos, polo que quedaba pendente a presentación de distintos permisos por parte da sociedade organizadora. "Quizáis o gran erro noso foi compartir o cartel nos medios e nas RRSS tan pronto, pero o fixemos porque a alcaldesa nos dixo que se facía", destacaba no Vivindo a Costa da Morte Eva, Mouzo. Un cartel no que se anunciaba a actuación do Combo Dominicano, do Grupo Bamba e da CDC disco móbil a partir das 20:30 do venres 3 de decembro na praza 8 de marzo.

A veciñanza en xeral, e a xuventude en particular, tan falta destas verbenas nos últimos meses, amosou a súa expectación dende o primeiro momento, adquirindo  as entradas obrigatorias que aínda están a venda (e que custan 10 €). Todo ata que este martes, e para sorpresa de veciños, artistas e hosteleiros, un bando do concello notificaba que aínda non existía a autorización para levar a cabo o evento, por falta de permisos.

Eses permisos son máis en concreto taxas, que é onde está o centro do problema. Porque, para a celebración de dita festa, e por protocolo covid, se debía pechar a praza 8 de marzo, polo que o espazo utilizado sería moi amplo, máis de 2.000 metros cadrados. Por iso, dende a sociedade promotora da festa e a asociación de hosteleiros da zona, resaltan que só deberían pagar polo espazo que eles ían utilizar para as súas labores, a taquilla e a barra, e non por todo o recinto.

Non obstante, dende o consistorio apuntan a que se a celebración precisa dese espazo, é necesaria a autorización para a súa utilidade e polo tanto, o pago completo. Ademais, como nos dicía hoxe a alcaldesa, parece que hoxe lles comunicaban novos problemas dende a SGAE.

De todas formas, os organizadores contan agora con dez días para arranxar e solucionar os problemas que o goberno evidencia na súa documentación.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir