Ocio | Ocio y cultura
Cultura

Os xogos tradicionais galegos xa teñen app

Coas ilustracións de Nuria Díaz e divididos por idades, obxectivos e tipoloxía

Así éramos (17/11/2021)

Así éramos (17/11/2021)

09:42

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A chave, as leiriñas, o tacatá, a raia, o peón, o pase misí, o muíño de mesa... son algún dos xogos tradicionais galegos agora recollidos ben xuntiños nunha app para o noso gozo e lecer. A iniciativa forma parte do Observatorio do patrimonio lúdico galego, coa colaboración de Patrimonio lúdico galego e do Consello da cultura Galega.

Segundo afirma Paco Veiga, un dos voceiros do observatorio, Galicia é un dos territorios da península ibérica cun patrimonio lúdico máis rico, por isto, consideran un fito histórico a publicación desta app, coa que eses xogos perdurarán e terán unha vida dixital que logo se poida trasladar ás rúas.

Sinalan dende o Observatorio que están catalogados dende hai moito tempo, sendo un proceso que se comezou a desenrolar despois da morte de Franco. Recoñecen, aínda así, que o listado sempre estará incompleto e neste sentido prometen engadir recursos progresivamente.

Na escolla incluída na app, atopamos como xogar por idades, por tipoloxía e por obxectivos; segundo explican os creadores, tentando acadar a atención cunha explicación que se pode entender en menos dun minuto.

Os textos cos que aprender a xogar, ou lembrar aqueles pasatempos e ensinalos, veñen acompañados por ilustracións da galega Nuria Díaz.

A app está dispoñible para Android e IOS e coma ben dí Paco Veiga, é un xeito de levar os xogos no peto e sacalos cando queiramos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00