A Asociación Suárez Picallo reúne sinaturas para a declaración BIC do museo Carlos Maside
Reivindica a importancia do edificio e das obras do seu interior no día do Patrimonio
Entrevista a Abel López Soto, secretario de la Asociación Suárez Picallo (16/11/2021)
08:50
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1637069085521/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
Cada 16 de novembro celébrase o Día do Patrimonio, e do noso, moito hai no museo Carlos Maside, un lugar que se creou en 1970, dentro do ideario do Laboratorio de Formas a proposta de Isaac Díaz Pardo e Luis Seone entre outros, co obxectivo de darlle un pulo a nosa cultura e identidade.
En setembro, no Consello da Cultura Galega, celebráronse unas xornadas en colaboración co Concello de Sada para abordar a situación deste complexo arquitectónico único, pechado na actualidade.
Ademais o BNG convocaba unha mobilizacion, á que asistiron os fillos de Díaz Pardo xunto co alcalde de Sada e o responsable de cultura da Deputación, para denunciaren o mal estado no que se atopa o edificio de Albalat e o perigo que corren as pezas dunha colección na que se inclúen obras de Maruja Mallo, Xesús Corredoira, Francisco Llorens, Francisco Asorey, Maside, Seoane ou Lugrís.
Sinaturas para a declaración do museo como Ben de Interese Cultural
A Asociacion Suárez Picallo denuncia que o estado no que se atopa o museo é lamentable e inaceptable. Deu un paso máis e está reunindo sinaturas para a declaración do museo BIC, feito que, tal e como explicou no programa Hoy por Hoy A Coruña Abel López Soto, secretario da organización, daría un respiro e tamén garantías para o estado deste conxunto de tanta importancia para a cultura galega.
Certó é que o goberno autonómico declaraba en coincidencia con aquelas xornadas que o expediente para incoar a declaración de Ben de Interese Cultural para o Museo atopabase moi avanzada, pero, segundo declara Abel López Soto, xa o dixera en 2018 e todo segue parado cando a obriga das administracións e velar pola conservación do patrimonio. Lembra que a petición data do 2010 e critica que só haxa boas palabras e non feitos por parte da Xunta.
Co manifesto publicado na súa web, a Asociación Suárez Picallo espera recadar as sinaturas suficientes coma para poder levalas ó Parlamento de Galicia e que os nosos responsables tomen conciencia das importancia da declaración BIC para o futuro do museo.
A avogada especialista en dereito cultural, Patricia Gabeiras, advertía en Radio Coruña Cadena SER hai uns meses que se poden iniciar accións pola falta de protección, concretamente por espolio por omisión se non se adoptan medidas para recuperar a actividade.