Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

De casa dos peóns camiñeiros a centro de interpretación do Camiño Inglés

Culleredo e A Coruña comezan un obradoiro de emprego para rehabilitar o inmoble

Obradoiro de empleo Culleredo / Foto cedida

Obradoiro de empleo Culleredo

A Coruña

A antiga casa dos peóns camiñeiros, en Fonteculler, converterase nun centro de interpretación do Camiño Inglés. Os concellos de Culleredo e A Coruña asumirán a súa rehabilitación mediante dúas obradoiros de emprego coa contratación de 36 alumnos e o seu profesorado. É unha iniciativa que se pon en marcha no medio dunha situación de falta de man de obra no sector da construción.

O edificio ten unha antigüidade de 90 anos e a súa reforma ten como obxectivo conservar a memoria das sendas e camiños tradicionais e subliñar o valor do territorio, segundo indica o Concello de Culleredo. O orzamento supera o 400 mil euros, dos que un 85% serán achegados pola Consellería de Emprego e o resto por Culleredo. Formaranse 20 alumnos, 14 de Culleredo e 6 da Coruña, en especialidades de revestimentos lixeiros e técnicos en construción e en instalación de elementos de carpintería.

A este obradoiro súmaselle outro de creación dunha rede de xacementos arqueolóxicos da cidade. Este será coordinado pola Coruña e contará con 16 mozos que se formarán en Produción Fotográfica e Dinamización, programación e desenvolvemento de actividades culturais.O orzamento é de 369 mil euros.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir