Política | Actualidad
Mos

A Policía Local de Mos fará prácticas de tiro cun instructor en dependiencias da Policía Nacional

A alcaldesa e o Comisario Xefe da Comisaría de Vigo asinaron esta mañá un convenio de colaboración

Firma del acuerdo / Concello de Mos

Firma del acuerdo

Vigo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez Reguero, desprazáronse esta mañá ata o edificio da Policía Nacional en Vigo, sito na rúa López Mora, para asinar un convenio de colaboración que lles permita aos axentes locais mosenses realizar prácticas de tiro e ser formados por un instructor da Policía Nacional, rubricado pola rexedora local e o Comisario Xefe da Comisaría de Vigo, Juan José Díaz Jiménez.

O uso da galería de prácticas de tiro non suporá ningún custe para a administración local mosense, tendo que asumir únicamente o Concello a adquisición da munición para o uso dos axentes locais durante as prácticas.

O Xefe da Policía Local de Mos valorou moi positivamente esta colaboración coa Policía Nacional “que nos permite realizar unhas prácticas altamente necesarias e constructivas para o noso día a día profesional, nunhas instalacións excepcionais e moi próximas ás nosas dependencias. Unha formación e actualización de coñecementos instruída polos mellores profesionais do Corpo Nacional nesta materia”. As prácticas realizaranse baixo a supervisión dun Especialista en Armamento e Tiro.

Este convenio de colaboración entre Concello de Mos e Policía Nacional establécese no marco da asistencia mutua entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local, e a fin de incrementar os niveis de operatividade e eficacia no desempeño das competencias propias e compartidas de ambos corpos policiais.

A dinámica organizativa das prácticas de tiro será con previa programación das mesmas, séndolle comunicadas con antelación dun mes á Comisaría da Policía Nacional, para poder garantir a dispoñobilidade de datas e horarios

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00