Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

A Deputación porá en marcha un proxecto de sinalización e mellora da seguridade no Monte Pindo

O vicepresidente, Xosé Regueira, mantivo esta mañá unha xuntanza para analizar este proxecto proposto polos concellos de Mazaricos, Dumbría e Carnota, así como a proposta para a certificación deste espazo como destino de turismo científico.

Reunión para a posta en marcha do proxecto de sinalización e mellora da seguridade no Monte Pindo / Deputación Coruña

Reunión para a posta en marcha do proxecto de sinalización e mellora da seguridade no Monte Pindo

Costa da Morte

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, acordou esta mañá cos concellos de Mazaricos, Dumbría e Carnota poñer en marcha un proxecto de sinalización e mellora de seguridade no Monte Pindo e propoñer este espazo para a certificación como destino de turismo científico Observer. Este acordo foi tomado nun encontro no que participaron, ademais de Xosé Regueira, o alcalde e a técnica de Turismo de Carnota, Juan Manuel Saborido e María Lago, e o deputado provincial e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño.

 O obxectivo fundamental do proxecto é a sinalización e mellora da seguridade do Monte Pindo coa finalidade de evitar situacións de visitantes que se extravían nesa contorna, máis tamén a mellora da calidade turística do espazo. “Temos que ter en conta que o Monte Pindo é un recurso de primeira orde tanto da provincia como de toda Galiza, cunha compeñente xeolóxica moi potente e cunha tradición oral e unha mitoloxía riquísimas, que cómpre ordenar e poñer en valor como un produto turístico de cara a configurar paquetes e comercializalos no mercado” asegurou Xosé Regueira tras a xuntanza.

 O vicepresidente tamén indica que “o propio Monte Pindo xunto coa fervenza do Ézaro é un recurso paisaxístico mundialmente coñecido, polo que ademais da sinalización e da mellora da seguridade tamén vemos neceario ordenar o acceso de cara a evitar unha presión excesiva sobre estes recursos naturais”.

 Xosé Regueira explicou que o proxecto inicial presentado polos tres concellos está tecnicamente moi ben desañado, recollendo a localización dos servizos e mesmo incluíndo propostas de contidos para a web e indicacións con innovacións para a mellora dos percorridos. Neste sentido, o vicepresidente indicou que tras este traballo inicial se estudará a posibilidade de introducir parámetros que incrementen a calidade da experiencia de destino, a seguridade do visitante, e que permita xerar ingresos destinados a protexer e ordenar o acceso a este espazo natural. Por último, durante a xuntanza tamén se acordou marcar un prazo ata xanerio de 2022 para avanzar na tramitación administrativa do proxecto e posteriormente comezar a escalar as diferentes fases.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir