Política | Actualidad
Mos

Chega a Mos 'Piperegrinos, as gaitas do Camiño'

Afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Asturias, Aragón, Castela e León e Portugal actuarán o vindeiro domingo pola tarde no auditorio do Centro Dotacional de Torroso

Cartel / Concello de Mos

Cartel

Vigo

Desde a concellería de Cultura e Turismo do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que o vindeiro domingo, día 31 de outubro, ás 18.30 horas, no auditorio do Centro Dotacional deTorroso, terá lugar o concerto gratuíto Piperegrinos, un econtro de destacados gaiteiros da Península Ibérica.

Trátase de seis afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Asturias, Aragón, Castela e León e Portugal. Piperegrinos é un espazo de difusión e posta en valor de diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios dirixidos a todos os públicos.

A Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, promove o acontecemento Piperegrinos, as gaitas do Camiño, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas entre os días 23 e 31 de outubro, entre elas Mos o vindeiro domingo.

Trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.

Piperegrinos, as gaitas do Camiño, resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

Trátase ademais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00