Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello promove clases de cibersuguridade entre o alumnado

Trátase dunha actividade escolar das que organiza cada ano a Concellería de Educación coa OMIX do Porriño

Obradoiro / Concello de O Porriño

Obradoiro

Vigo

Un total de 214 alumnos e alumnas de 3º da ESO de centros de ensino porriñeses serán os receptores das clases de ciberseguridade que promove o Concello como actividade escolar. Lourdes Moure, concelleira de Educación visitou onte á tarde o obradoiro, de dúas horas de duración que se impartiu no IES Pino Manso. As seguintes sesións deste obradoiro continuarán ata o 4 de novembro nos centros de ensino secundario porriñeses.

A concelleira explicou que esta actividade de ciberseguridade ven motivada polas “novas formas de aprender, crear e comunicarse de xeito que nenas e nenos acceden cada vez máis cedo a dispositivos conectados a Internet. Xa sexa dende o móbil, o ordenador, a tablet ou a videoconsola, se non se forman en ciberseguridade poden correr riscos innecesarios”, manifestou Moure Varela.

“As ameazas máis habituais nestas idades son o ciberacoso e a ciberviolencia, a suplantación de identidade, as fake news (noticias falsas), as estafas e incluso as adiccións dixitais. Por iso dende o Concello de O Porriño e a OMIX promovemos estas formacións dirixidas a 3º da ESO, para que saquen todo o partido a Internet protexendo a súa integridade física e mental", engadiu a concelleira.

Trátase dunha actividade escolar das que organiza cada ano a Concellería de Educación coa OMIX do Porriño en colaboración cos centros de ensino do concello. Precisamente Lourdes Moure indicou que o vindeiro mércores 27 de outubro terá lugar a reunión preparatoria coas direccións dos centros educativos para determinar o calendario de actividades de 2022.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir