Sociedad | Actualidad
Mos

Noelia Sías logra por segunda vez consecutiva a prata no concurso nacional do Mellor Artesán Florista

O Concello de Mos celebrou esta mañá unha recepción na súa honra para felicitala por este novo éxito

Noelia Sías / Concello de Mos

Noelia Sías

Vigo

A florista mosense Noelia Sías Villaverde, traballadora de Floristería Lola, participou do 29 de setembro ao sábado 2 de outubro no 'MAF', concurso nacional do Mellor Artesán Florista que se celebrou en Burgos; obtendo o segundo posto, por detrás do sevillano Julio Boza.

Foi unha final complicada, con pouco tempo para un traballo difícil e uns contrincantes de nivel. Sías logrou así a segunda prata nesta competición, tras ter quedado subcampioa en 2019 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19). E para felicitala por este novo éxito o Concello de Mos organizou unha recepción na súa honra que se celebrou esta mañá no salón de sesións da Casa Consistorial mosense coa presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, Juan Lago de Floristería Lola e demais membros da Corporación Municipal.

Así que, tras o parón do ano pasado, este ano a mosense Noelia Sías volveu participar no ‘MAF’ volvendo a facerse co título de segunda mellor florista de España.

Noelia Sías é veciña da parroquia de Mos e traballa en Floristería Lola. A florista mosense destaca da súa empresa “as facilidades e colaboración que sempre me dan para que poida formarme, facer cursos novos, participar en competicións como esta… é algo moi de agradecer e que non é frecuente en todas as empresas”. Floristería Lola leva máis de 37 anos en activo en Mos e, tal e como declaraba a rexedora local mosense, “é un referente en toda a provincia de Pontevedra, do que nos sentimos enormemente orgullosos”.

Arévalo declarou sobre este novo título de Noelia que “é un orgullo para Mos, sendo ademais o Concello da rosa, contar entre a nosa veciñanza coa segunda mellor artesá florista de España en dúas edicións consecutivas do concurso nacional”. A alcaldesa felicitouna por presentarse e quedar novamente 2ª nesta importante competición e animouna a seguir levando o nome da localidade mosense ao máis alto do mundo da flor.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00