Sociedad | Actualidad
Deportes

Tania Fernández sobre a súa carreira deportiva: "É momento de descansar e pensar"

A actual subcampiona do mundo de piragüismo maratón revalida o título en Rumanía

Tanía Fernández e Tania Álvarez cruzando a liña de meta / Cedida

Tanía Fernández e Tania Álvarez cruzando a liña de meta

Lugo

Tanía Fernández revalida o seu título como subcampiona no mundial de piragüismo de maratón, celebrado este mes de outubro en Rumanía. Está moi contenta e bromea cando lle preguntamos se xa se está a acostumbrar a gañalo todo. "Terceiras en Portugal no  2018, segundas en París en 2019, agora isto... a verdade é que Tanía Álvarez máis es entendémonos moi ben, somos as dúas de larga distancia...", explica orgullosa.

Malia non poder quedar primeiras do mundo por pouco máis de cinco segundos, a padexeira lucense non queda coa espina cravada, elas esforzáronse " ao máximo, pero no sprint as húngaras foron mellores", afirma. Agora toca pararse a pensar. E é que cando levas tanto tempo gozando de deporte de élite semella difícil deixalo, "pero xa a tempada pasada pensei en baixar o ritmo e non o fixen".

As tanías, como xa se lles apoda mediáticamente, coñécense dende que comezaron a súa formación coma deportistas profesionais no centro de alto rendemento, pero daquelas ningunha contaba con estar hoxe onde están. "De feito, a primeira vez que remamos xuntas no centro foi un desastre, íbamos torcidas... pero bueno estábamos comezando", confesa.

A lucense non quere marcar obxectivos para a vindeira campaña, agora prioriza descansar e agardar a que saian cara á diante novos proxectos persoais. Quedamos coa dúbida de por canto tempo  veremos padexar xuntas as tanias. O tempo dirá.

Tanía Fernández revalia do título de subcampiona do mundo de maratón de piragüismo

04:56

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00