Correlingua: 20 de outubro no Ágora en versión reducida
Os convocantes da carreira polo idioma esperan recuperar o próximo ano o percorrido tradicional

Correlingüa 2019 / La Opinión de A Coruña

O Correlingua cumpre 21 anos pero a celebración desta edición será diferente ás anteriores á pandemia. En cumprimento do protocolo de medidas de seguridade pola Covid non haberá a tradicional carreira. O 20 de outubro, ás doce da mañá, celebrarase no Ágora un acto musical e de teatro para reivindicar o uso do idioma propio.
O Correlingua é máis necesario que nunca, segundo a secretaria xeral da Mesa pola normalización lingüística, Celia Armas.
Ao acto acudirán os alumnos dos colexios de San Pedro de Visma e Alborada da Coruña, en representación de todos os centros. A celebración será emitida por streaming. A Asociación Socio- pedagóxica galega, CIG- Ensino e A Mesa esperan recuperar o próximo ano o Correlingua tradicional coa carreira polo idioma galego desde o centro da cidade ata a Torre de Hércules.