Unha empresa doa un gran motor para instalar nunha rotonda do PPI5
A alcaldesa agradeceu no nome do Concello a doazón que fará a empresa

La alcaldesa visitando la emresa donde está el motor / Concello de O Porriño

Vigo
A empresa "RS Motor Power Solutions" situada no polígono PPI 5, informou á alcaldesa Eva García de que doarán un gran motor para instalalo na rotonda situada fronte ás instalacións da compañía na Granxa.
A alcaldesa agradeceu no nome do Concello a doazón que fará a empresa. A comitiva comprobou no lugar o punto onde se instalará, na rotonda onde conflúen tres estradas.
O motor, un "Deutz" de 10 toneladas que foi retirado dunha depuradora, será restaurado pola propia empresa para a súa posterior instalación na rotonda, en colaboración cos servizos técnicos municipais.