Adega recorrerá á xustiza contra os parques eólicos de Bustelo e Monte Toural
Segundo a entidade estes parques son exemplo de fragmentación artificial e danos a especies ameazadas

Manifestación contra os parques eólicos Bustel, Campelo e Monte Toural / Plataforma Contra Eólicos Bustelo-Campelo-Toura

Costa da Morte
A asociación ecoloxista ADEGA presentará dous recursos de alzada contra os parques eólicos de Greenalia, Bustelo e Monte Toural, recentemente aprobados pola Xunta.
Segundo a entidade estes parques son exemplo de fragmentación artificial e danos a especies ameazadas.
Estes parques afectan aos concellos de Carballo, Coristanco e Sta. Comba sitúanse na contorna da Braña Rubia – Lagoa de Alacián e nas proximidades do Monte Castelo, onde está en tramitación o Parque eólico Campelo, Tamén de Greenalia.
Os tres parques están na mesma área e comparten infraestruturas, liñas de evacuación, accesos e estación transformadora.
Para a ADEGA trátase en realidade dun megaparque dividido en tres para non superar individualmente os 50MW e potencia e así ser tramitados pola Xunta. Consideran que prexudican os intereses xerais e mesmo aos particulares, ao mermarse a capacidade de resposta e de negociación coa promotora.
Así mesmo consideran que as obras afectarán gravemente a varias especies en situación de vulnerabilidade.
Xa existen precedentes de sentenzas favorables a recursos similares aos que preparan dende ADEGA noutras comunidades. Na asociación amósanse convencidos de que Greenalia seguirá adiante pase o que pase, se non pode tramitar os tres proxectos fragmentados intentará que o Ministerio o aprobe como un único parque. Os ecoloxista non descartan recorrer por vía penal.