Sociedad | Actualidad
Redondela

Cabeiro, Negros e Reboreda, protagonistas dos libros 'Parroquias de Redondela'

Os tres libros, editados polo Concello de Redondela a través do Servizo de Normalización Lingüística, engádense aos xa publicados sobre Trasmañó, Cesantes e Redondela

De esquerda a dereita Carlos Rodríguez, Xosé Couñago, Digna Rivas, Amante Romero e Iria Vilaboa durante a presentación dos tres novos libros da colección 'Parroquias de Redondela / Concello Redondela

De esquerda a dereita Carlos Rodríguez, Xosé Couñago, Digna Rivas, Amante Romero e Iria Vilaboa durante a presentación dos tres novos libros da colección 'Parroquias de Redondela

Vigo

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola Concelleira de Cultura, Iria Vilaboa presentou na mañá de hoxe en rolda de prensa os tres novos libros da colección 'Parroquias de Redondela', editadas polo Servizo de Normalización Lingüística, nun acto no que tamén estiveron presentes os autores dos tres novos títulos, Amante Romero de Cabeiro; Xosé Couñago de Negros e Carlos Rodríguez de Reboreda.

Digna Rivas quixo agradecer “a colaboración desinteresada de Amante, Xosé e Carlos nun traballo que busca poñer en valor o patrimonio cultural, natural e artístico das parroquias redondelás”. Os novos títulos ofrecen un percorrido por Cabeiro, San Estevo de Negros e Reboreda e dan continuidade aos xa editados sobre Trasmañó, Cesantes e Ventosela.

Lembraba a alcaldesa de Redondela que a intención do Goberno local de dar continuidade á serie de libros “mirouse truncada pola chegada da pandemia da Covid e das circunstancias que impedían a súa distribución entre a veciñanza”. “Entramos agora nunha época de nova normalidade –engadiu Digna Rivas– e recuperamos este proxecto que é posible grazas a implicación de persoas como Amante, Xosé e Carlos que se prestan a afondar na historia e patrimonio das súas parroquias”.

Os libros contan con portadas realizadas por Ángel Barros “un luxo de portadas” afirmou a alcaldesa quen destacou “a sorte de poder contar cun artista da calidade de Ángel para desenvolver este proxecto que pon de relevo a capacidade creativa, literaria por unha banda e artística por outra, dos nosos veciños”.

A alcaldesa de Redondela tiña tamén un especial recoñecemento “ao magnífico traballo” realizado polo técnico de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez “sempre pendente de todos os detalles deste proxecto”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00